jueves, 2 de diciembre de 2010

Exposición e charla de "Sinónimos de lucro" na Biblioteca Central de Vigo


Olá!
A Biblioteca de Vigo acolle a exposición dos traballos destes fanzineiros galegos desde o 1 de decembro ata o 9 de xaneiro do 2011.
Para poder mirar a exposición, non tedes mais que achegarvos a biblioteca en horario lectivo de luns a venres de 9 da mañá as 20:30 da tarde e os sábados de 10:00 a 14:00h.
Asímesmo, aproveitando a ocasión, o vindeiro sábado día 11 de decembro haberá unha charla-coloquio moi interesante na sala de audiovisuais da Biblioteca que tamén fai as veces de aula de banda deseñada.
Na charla están invitados:
David Braña: guionista, escritor e creador da revista "El Arca de las historietas"
David Buceta: debuxante, guionista e pai de Sinónimos de lucro.
Davida: debuxante, autor, músico...
Gabriel iglesias: autor e debuxante.
Se queredes ver cousiñas deles ou investigar quen son, aquí tedes un enlace:
Esperámosvos na Biblioteca de Vigo do casco vello, rúa Joaquín Yáñez nº 6, o día 11 de decembro, as 12 da mañá. Na charla presentarán o fanzine, contarán historias, responderán as vosas enquisas e incluso firmarán exemplares.
A charla é de portas abertas para todo aquel que se queira achegar.
Vémonos alí!

II CONCURSO DE COMIC DA BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO

Hola a tod@s!!

A Biblioteca de Vigo na que dou clases os sábados pola mañá confirmou a creación do II concurso de banda deseñada de Vigo.

Podédes ver as bases no blog das clases de cómic de Vigo:

http://clasescomicvigo.blogspot.com/

Sei que estamos moi preto da data, o prazo de entrega é o 11 de decembro, mais antes non se puido subir a información :P

Os premios faranse entrega o 18 de decembro de 2010 na Biblioteca Central de Vigo as 12h. na sala de exposicións.
Posteriormente, en xaneiro, a partires do día 10 e ata finais de mes, poderanse ver expostos na sala de Exposicións os traballos orixinais dos premiados.
Ánimo!! Moita sorte a tod@s!!

lunes, 22 de noviembre de 2010

De entintadora...

Hola a tod@s!!
Agora podo dicir que estiven entintando 30 páxinas a todo meter para unha rapaza chamada Janina Görrisen. Aquí podedes ver parte da obra feita por ela, pois de momento o que fixen eu mellor deixámolo entre bambalinas para non incumprir regras das editorias.
Janina é unha rapaza moi traballadora e cun estilo propio, ademais de ser excelente persoa. Gustoume moito traballar con ela ;D
Deica outra!!
Agora estou cun deseño comercial, quen mo ía dicir...
Biquiños a tod@s!

martes, 2 de noviembre de 2010

URXENTE, sobre as clases de banda deseñada!! ;D

A última hora temos un cambio de localidade da academia:
As clases comezarán mañá as 18:15 durante hora e media na Academia Deica IT, sita na rúa Uruguay, nº 15, baixo. (Enfrente do Froiz)
Pasádeo ben!! ;D

viernes, 29 de octubre de 2010

Ganador do Primeiro Premio de Cangas!!

Hola a tod@s!!
Juan Molina Fernández, alumno do curso de cómic da Biblioteca de Vigo no que imparto clases reultou selo gañador do primeiro premio de Cangas da súa categoría.
Os meus parabéns, Juan, merécelo!!
É un alumno moi traballador e autodidacta, os seus cómics son orixinais e diferentes, busca sempre o seu punto de vista para contala historia e ten un humor moi fino.
PARABÉNS, JUAN!!
Os premios entréganse mañá sábado día 30 de outubro alá polas 20:30h.
De momento é o que sei. Felicidades, Juan!!
E xa sabedes, para aqueles interesados en aprender a debuxar cómics, o próximo mércores comezamos as clases de banda deseñada, na que aínda está aberto o prazo de inscripción, só tedes que porvos en contacto con Iago ou comigo por mail ou preguntar directamente no noso blog:
Boas horiñas debuxeiras!!

jueves, 14 de octubre de 2010

Clases de cómic en Vigo


Hola a tod@s!!

Además del curso de cómic de la Biblioteca central de Vigo que se celebra los sábados y que está a tope de chic@s, no habiendo más plazas para nadie más... un dibujante, diseñador y amigo mío, Iago Araujo y yo, vamos a dar un completo curso de dibujo de cómic en la Academia Tesis de la calle Oporto, nº 19, de Vigo.

El curso, que comprenderá toda la labor de un cómic: desde la idea previa hasta la total terminación del mismo, enseñando cómo debe de presentarse un dibujante ante un agente o un editor con su trabajo, comenzará a impartirse los miércoles de 18:15h a 19:45h en la citada academia.

Este curso está pensado para todos aquellos que les gusta el cómic, que quieran aprender las distintas técnicas de elaboración del mismo y que amen el medio.

Estas clases han nacido del corazón. Recuerdo cuando allá con 17 años buscaba desesperadamente a alguien que me enseñara a dibujar... y cual fue mi grata sorpresa, cinco años más tarde, al encontrar a dos verdaderos artistas y dibujantes que me enseñaron lo que sé. A Norberto y a Jacobo Fernández los tengo siempre muy presentes. Dos grandes autores y excelentes personas. Quien ha tenido la dicha de conocerlos y los conoce, no pueden decir otra cosa.

Ahí conocí a Iago Araujo, que se ha convertido en un gran profesional y con el cual ya he colaborado en un curso de verano anterior a este nuevo proyecto que tenemos entre manos, ademas de ser mi suplente en la Biblioteca cuando viajo por los salones. Tiene una amplia experiencia como profesor de dibujo comiquero y programas de diseño.

Por eso, ante la necesidad que vosotros teneis de aprender, y que nosotros nos lo pasamos genial mostrando todo lo que sabemos y lo que vamos aprendiendo por el camino, os invitamos, a los que querais ser dibujantes de cómic profesionales o que dibujeis por gusto, a tomar las clases. Lo pasareis bien, aprendereis mucho y estareis en contacto con más personas que como vosotros, adoran el medio con el que nos comunicamos.

Aquellos que querais poneros en contacto con nosotros para obtener más información acerca del curso, podeis hacerlo en los siguientes mails:



Y para los que querais ver algo más, aquí teneis nuestro blog:
http://clasescomicvigo.blogspot.com/

Nos vemos!!


martes, 1 de junio de 2010

ENTREGA DE PREMIOS DO I CONCURSO DE BD VIGO

Hola a tod@s!!
Este sábado día 5 de xuño, na Biblioteca Central de Vigo vaise celebrar a entrega de premios do concurso de BD que organizou a propia Institución.
Os galardoados recibirán un lote de comics. A entrega farase as 12 da mañá na sala de Exposicións da planta baixa da Biblioteca. As historietas premiadas estarán expostas durante todo o mes de xuño a partir do día 2.
Moita sorte a tod@s os participantes!!

jueves, 8 de abril de 2010

Exposición de Alex Cal na biblioteca de Vigo e charla!!



Hola a tod@s!!

Hai novas!! :D
Este sábado 10 de abril de 12 ás 13:30h. o autor de banda deseñada Alex Cal dará unha charla-coloquio de portas abertas na sala de audiovisuais na Biblioteca Pública Central de Vigo, sita na rúa Joaquín Yáñez nº 2, con motivo da súa colaboración no programa do curso de cómic que se leva a cabo dende hai tres anos na biblioteca.
Asímesmo, daranos un percorrido ca súa guía pola súa exposición que se mostra na planta baixa da institución.
Durante este mes estará na biblioteca central de Vigo a exposición de orixinais deste autor vigués.
A mostra recolle varios dos seus traballos para o mercado americano na sua totalidade, pois é onde traballa. Orixinais de Spiderman ou GIJoe son algúns dos reclamos que chaman a atención. As súas páxinas son do mellor do panorama mundial.
A biblioteca recolle esta exposición ate o día 30 de abril en horario da biblioteca para a súa visita.
de 9h. a 20:30h. de luns a venres e de 9h. a 14h. os sábados.
Alex foi invitado xa o ano pasado en Viñetas desde o Atlántico por Miguel Anxo Prado e Carlos Portela, ambos autores moi recoñecidos. Podemos salientar tamén que é o español mais xove en publicar e traballar para a Marvel facendo un número da serie Spiderman no ano 2008. Labor ben recoñecida.
En España están editados o seu numero de Spiderman e a serie North Wind.
A exposición que agora está en Vigo é unha das mellores artísticamente falando que se fixo nunca deste autor, pois temos a sorte de contar con orixinais da serie GIJoe que aínda non entregou e que van ser publicados en USA en breve, ademais de páxinas de Spiderman e varias mostras inéditas.
Esperamos a vosa visita!!
Deica outra nova e felices debuxos!! ;D

martes, 23 de marzo de 2010

Curso en Redondela

Hola a tod@s!!

O xoves día 25 de maio ás 19:00h. no Multiusos da Xunqueira de Redondela terá lugar un cursiño dunha hora de duración aproximadamente onde ensinarei algunhas cousiñas para poder facer unha obra de banda deseñada.

Velaquí o programa:

Ver as diferentes técnicas dos guionistas, dos debuxantes, dos entintadores e dos coloristas.

Saber en cada momento qué tipo de material se vai necesitar para cada un dos pasos. Ensinar orixinais en diferentes procesos creativos.

Explicar cómo se utiliza máis ca nunca a nova tecnoloxía á hora de elaborar ou rematar un cómic.

Mostrar cómics rematados e comentar e ensinar a distinguir entre as variadas técnicas utilizadas para facelo.

Comentar cómo pasar de ser un simple afeccioado á converterse nun profesional, qué pasos dar para conseguilo.

Atender as preguntas e dúbidas dos asistentes conforme se vaian creando.

Alí vos espero.


E bueno, moitas apertas e moitos bicos a tod@s!!

Felices horas debuxeiras!!


domingo, 21 de febrero de 2010

Obradoiro na Biblioteca de Chapela


Para comezar amoseilles parte do meu traballo da miña etapa do Golfiño

Ahí, no medio, está o meu bonequiño desaparecido, Spiderman ;(


E para rematar, amoseilles como pintaba co programa Photoshop

O pasado día 18 de febreiro a Biblioteca de Chapela invitoume a dar un obradoiro de banda deseñada para nenos e nenas interesados no tema.
Teño que agradecer a amabilidade e atención da que fun obxecto por parte de María Xosé, a bibliotecaria, Ana Carvajal e Miguel. (eu cariñosamente chamareino o Amo das Chaves)
Deíxovos cos links os que podees acceder o blog da Biblioteca:


Este é tamén un link para acceder a unha pequena reportaxe no faro dixital:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/02/23/clase-practica-comic-chapela/414019.html

Por certo, fago un chamamento:
Todos aqueles que participastes no obradoiro e sodes conscientes ou tedes coñecemento de quen sustraiu por facer a gracia o meu querido "Spiderman" agradeceriavos a vosa colaboración para que volva comigo. Non é un boneco calquera, é o meu "Spidi" e necesítoo para traballar, rapaces.
Imaxínome que o@ autor@ o levaría por erro ou diversión, así que, non vai ter repercusión ningunha. Ó contrario, só terá un gran sorriso pola miña parte e agradecemento ;D
Agradézovos a vosa disposición para aguantar dúas horas de intenso traballo e as vosas ganas de mais, rapaces!!
Felices horas debuxeiras!!

Por certo!! Moitísimas grazas ó rapaz que me devolveu o meu bonequiño de Spiderman. Este xa está xogando co seu comañeiro e dicíndolle o ben que foi tratado, seica viviu unha aventura moi especial. De parte de Spidy, unha aperta para tí, mociño, por devolvermo. Votaba de menos as parrafadas co colega tamén da profesión. Ademais, a Spiderman gústalle contar unha rechea de chistes... aínda que moitos non sexan bos... pero iso non hai que dicirllo, é un segredo.
Deica logo!!