jueves, 8 de abril de 2010

Exposición de Alex Cal na biblioteca de Vigo e charla!!



Hola a tod@s!!

Hai novas!! :D
Este sábado 10 de abril de 12 ás 13:30h. o autor de banda deseñada Alex Cal dará unha charla-coloquio de portas abertas na sala de audiovisuais na Biblioteca Pública Central de Vigo, sita na rúa Joaquín Yáñez nº 2, con motivo da súa colaboración no programa do curso de cómic que se leva a cabo dende hai tres anos na biblioteca.
Asímesmo, daranos un percorrido ca súa guía pola súa exposición que se mostra na planta baixa da institución.
Durante este mes estará na biblioteca central de Vigo a exposición de orixinais deste autor vigués.
A mostra recolle varios dos seus traballos para o mercado americano na sua totalidade, pois é onde traballa. Orixinais de Spiderman ou GIJoe son algúns dos reclamos que chaman a atención. As súas páxinas son do mellor do panorama mundial.
A biblioteca recolle esta exposición ate o día 30 de abril en horario da biblioteca para a súa visita.
de 9h. a 20:30h. de luns a venres e de 9h. a 14h. os sábados.
Alex foi invitado xa o ano pasado en Viñetas desde o Atlántico por Miguel Anxo Prado e Carlos Portela, ambos autores moi recoñecidos. Podemos salientar tamén que é o español mais xove en publicar e traballar para a Marvel facendo un número da serie Spiderman no ano 2008. Labor ben recoñecida.
En España están editados o seu numero de Spiderman e a serie North Wind.
A exposición que agora está en Vigo é unha das mellores artísticamente falando que se fixo nunca deste autor, pois temos a sorte de contar con orixinais da serie GIJoe que aínda non entregou e que van ser publicados en USA en breve, ademais de páxinas de Spiderman e varias mostras inéditas.
Esperamos a vosa visita!!
Deica outra nova e felices debuxos!! ;D