domingo, 21 de febrero de 2010

Obradoiro na Biblioteca de Chapela


Para comezar amoseilles parte do meu traballo da miña etapa do Golfiño

Ahí, no medio, está o meu bonequiño desaparecido, Spiderman ;(


E para rematar, amoseilles como pintaba co programa Photoshop

O pasado día 18 de febreiro a Biblioteca de Chapela invitoume a dar un obradoiro de banda deseñada para nenos e nenas interesados no tema.
Teño que agradecer a amabilidade e atención da que fun obxecto por parte de María Xosé, a bibliotecaria, Ana Carvajal e Miguel. (eu cariñosamente chamareino o Amo das Chaves)
Deíxovos cos links os que podees acceder o blog da Biblioteca:


Este é tamén un link para acceder a unha pequena reportaxe no faro dixital:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/02/23/clase-practica-comic-chapela/414019.html

Por certo, fago un chamamento:
Todos aqueles que participastes no obradoiro e sodes conscientes ou tedes coñecemento de quen sustraiu por facer a gracia o meu querido "Spiderman" agradeceriavos a vosa colaboración para que volva comigo. Non é un boneco calquera, é o meu "Spidi" e necesítoo para traballar, rapaces.
Imaxínome que o@ autor@ o levaría por erro ou diversión, así que, non vai ter repercusión ningunha. Ó contrario, só terá un gran sorriso pola miña parte e agradecemento ;D
Agradézovos a vosa disposición para aguantar dúas horas de intenso traballo e as vosas ganas de mais, rapaces!!
Felices horas debuxeiras!!

Por certo!! Moitísimas grazas ó rapaz que me devolveu o meu bonequiño de Spiderman. Este xa está xogando co seu comañeiro e dicíndolle o ben que foi tratado, seica viviu unha aventura moi especial. De parte de Spidy, unha aperta para tí, mociño, por devolvermo. Votaba de menos as parrafadas co colega tamén da profesión. Ademais, a Spiderman gústalle contar unha rechea de chistes... aínda que moitos non sexan bos... pero iso non hai que dicirllo, é un segredo.
Deica logo!!