jueves, 2 de diciembre de 2010

Exposición e charla de "Sinónimos de lucro" na Biblioteca Central de Vigo


Olá!
A Biblioteca de Vigo acolle a exposición dos traballos destes fanzineiros galegos desde o 1 de decembro ata o 9 de xaneiro do 2011.
Para poder mirar a exposición, non tedes mais que achegarvos a biblioteca en horario lectivo de luns a venres de 9 da mañá as 20:30 da tarde e os sábados de 10:00 a 14:00h.
Asímesmo, aproveitando a ocasión, o vindeiro sábado día 11 de decembro haberá unha charla-coloquio moi interesante na sala de audiovisuais da Biblioteca que tamén fai as veces de aula de banda deseñada.
Na charla están invitados:
David Braña: guionista, escritor e creador da revista "El Arca de las historietas"
David Buceta: debuxante, guionista e pai de Sinónimos de lucro.
Davida: debuxante, autor, músico...
Gabriel iglesias: autor e debuxante.
Se queredes ver cousiñas deles ou investigar quen son, aquí tedes un enlace:
Esperámosvos na Biblioteca de Vigo do casco vello, rúa Joaquín Yáñez nº 6, o día 11 de decembro, as 12 da mañá. Na charla presentarán o fanzine, contarán historias, responderán as vosas enquisas e incluso firmarán exemplares.
A charla é de portas abertas para todo aquel que se queira achegar.
Vémonos alí!

II CONCURSO DE COMIC DA BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO

Hola a tod@s!!

A Biblioteca de Vigo na que dou clases os sábados pola mañá confirmou a creación do II concurso de banda deseñada de Vigo.

Podédes ver as bases no blog das clases de cómic de Vigo:

http://clasescomicvigo.blogspot.com/

Sei que estamos moi preto da data, o prazo de entrega é o 11 de decembro, mais antes non se puido subir a información :P

Os premios faranse entrega o 18 de decembro de 2010 na Biblioteca Central de Vigo as 12h. na sala de exposicións.
Posteriormente, en xaneiro, a partires do día 10 e ata finais de mes, poderanse ver expostos na sala de Exposicións os traballos orixinais dos premiados.
Ánimo!! Moita sorte a tod@s!!