jueves, 2 de diciembre de 2010

Exposición e charla de "Sinónimos de lucro" na Biblioteca Central de Vigo


Olá!
A Biblioteca de Vigo acolle a exposición dos traballos destes fanzineiros galegos desde o 1 de decembro ata o 9 de xaneiro do 2011.
Para poder mirar a exposición, non tedes mais que achegarvos a biblioteca en horario lectivo de luns a venres de 9 da mañá as 20:30 da tarde e os sábados de 10:00 a 14:00h.
Asímesmo, aproveitando a ocasión, o vindeiro sábado día 11 de decembro haberá unha charla-coloquio moi interesante na sala de audiovisuais da Biblioteca que tamén fai as veces de aula de banda deseñada.
Na charla están invitados:
David Braña: guionista, escritor e creador da revista "El Arca de las historietas"
David Buceta: debuxante, guionista e pai de Sinónimos de lucro.
Davida: debuxante, autor, músico...
Gabriel iglesias: autor e debuxante.
Se queredes ver cousiñas deles ou investigar quen son, aquí tedes un enlace:
Esperámosvos na Biblioteca de Vigo do casco vello, rúa Joaquín Yáñez nº 6, o día 11 de decembro, as 12 da mañá. Na charla presentarán o fanzine, contarán historias, responderán as vosas enquisas e incluso firmarán exemplares.
A charla é de portas abertas para todo aquel que se queira achegar.
Vémonos alí!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Relogios de marcas famosas apartir de 15x 23,00, confira!

Replicas de relogios famosos de grandes marcas como Rolex,
breitling, omega, tag heuer, ferrari, porsche e muito mais , replicas
italianas e suiças da melhor qualidade, com total garantia e parceladas em
até 15x. aproveite.

Estado- SP
msn - relogiosfamosos[@]hotmail.com
telefone 11-3711-2574

Visite nossa pagina web: http://www.guiadosrelogiosfamosos.com.br