martes, 23 de marzo de 2010

Curso en Redondela

Hola a tod@s!!

O xoves día 25 de maio ás 19:00h. no Multiusos da Xunqueira de Redondela terá lugar un cursiño dunha hora de duración aproximadamente onde ensinarei algunhas cousiñas para poder facer unha obra de banda deseñada.

Velaquí o programa:

Ver as diferentes técnicas dos guionistas, dos debuxantes, dos entintadores e dos coloristas.

Saber en cada momento qué tipo de material se vai necesitar para cada un dos pasos. Ensinar orixinais en diferentes procesos creativos.

Explicar cómo se utiliza máis ca nunca a nova tecnoloxía á hora de elaborar ou rematar un cómic.

Mostrar cómics rematados e comentar e ensinar a distinguir entre as variadas técnicas utilizadas para facelo.

Comentar cómo pasar de ser un simple afeccioado á converterse nun profesional, qué pasos dar para conseguilo.

Atender as preguntas e dúbidas dos asistentes conforme se vaian creando.

Alí vos espero.


E bueno, moitas apertas e moitos bicos a tod@s!!

Felices horas debuxeiras!!