martes, 7 de junio de 2011

PINTUREIRO NA BIBLIOTECA PÚBLICA CENTRAL DE VIGO!!




Olá a tod@s!!


Pintu, o grande ilustrador e mestre da beleza etérea e divina das féminas deleitaranos este sábado día 11 de xuño cunha marabillosa masterclass de photoshop e ensinaranos tódolos trucos que saca de debaixo da manga, que inventa e que pon en práctica para lle sairen sempre unhas RAPAZAS do mais xeitosiñas.


Espéramovos a todos, xa que será unha charla de portas abertas e poderedes entrar ata que o aforo o permita.


Sábado 11, de 12 a 13:30h. na Biblioteca Pública Central de Vigo, rúa Joaquín Yáñez, nº6


Bicos!!

No hay comentarios: