lunes, 22 de noviembre de 2010

De entintadora...

Hola a tod@s!!
Agora podo dicir que estiven entintando 30 páxinas a todo meter para unha rapaza chamada Janina Görrisen. Aquí podedes ver parte da obra feita por ela, pois de momento o que fixen eu mellor deixámolo entre bambalinas para non incumprir regras das editorias.
Janina é unha rapaza moi traballadora e cun estilo propio, ademais de ser excelente persoa. Gustoume moito traballar con ela ;D
Deica outra!!
Agora estou cun deseño comercial, quen mo ía dicir...
Biquiños a tod@s!

martes, 2 de noviembre de 2010

URXENTE, sobre as clases de banda deseñada!! ;D

A última hora temos un cambio de localidade da academia:
As clases comezarán mañá as 18:15 durante hora e media na Academia Deica IT, sita na rúa Uruguay, nº 15, baixo. (Enfrente do Froiz)
Pasádeo ben!! ;D