miércoles, 15 de julio de 2009

Nova exposición

Na estantería da esquerda exemplares da triloxía de Fran Jaraba sobre a guerra de Cuba, á dereita algún dos meus traballos para o Golfiño. (Expo de maio)

Na parede da esquerda orixinais de Fran Jaraba e á dereita orixinais de Jacobo Fernández, nomeado autor revelación do 2008 en banda deseñada no Saló de Comic de Barcelona e en Expocomic de Madrid. (maio)

Orixinais á esquerda de Jacobo e Norberto Fernández, ó carón, o mostrador con diversas publicacións de ámbolos dous irmáns. (maio)

Charla - coloquio que se deu na Biblioteca Central de Vigo en maio. De esquerda a dereita, Norberto e Jacobo Fernández, Fran Jaraba e a que suscribe.

Páxinas de Sheyla da exposición actual

Páxinas de Sol da expo actual

Algúns dos traballos antes de ser expostos, na aula onde se da a clase ;D

Hola a tod@s!!
Dende o 4 de xullo ata o 31 deste mes pódese ver na sala de exposiciós da Biblioteca Central de Vigo unha gran exposición dos traballos dos nenos que acudiron as clases impartidas por mín neste curso que acaba de rematar. Entre 14 e 16 rapaces exhiben os seus cómics e algúns ata os deseños das súas persoaxes.
Todos eles apuntan maneiras e están entre eles dous gañadores do ano pasado no certame de cómic de Cangas que pra semana dictará os próximos vencedores desta nova edición. Contamos tamén cunha nena que gañou un bó premio nunha revista nacional recoñecida. E bueno, iso é todo de momento contado polo miúdo porque ando a dez mil por hora.
As imaxes son dos comics expostos antes de ser colgados nas paredes. Espero que vos gusten. Penso que non fago mal en afirmar que hai futuro na banda deseñada con semellantes talentos.
Dicir tamén que o pasado mes de maio houbo outra exposición marabillosa na sala da mesma Biblioteca centrada nos traballos de tres monstros da banda deseñada viguesa. Entre eles os irmáns Jacobo e Norberto Fernández, Fran Jaraba e mesmo houbo un oco para min.
Foi un acontecemento único porque xunto coa exposición deuse a primeira charla-coloquio de banda deseñada en Vigo que durou ata o peche da entidade, a cal foi dada polos autores antes mencioados.
A ver se poño algunha fotiño de todo e así póñome ó día. Con tanto traballo non din feito e deixei o blog de ladiño, apoucadiño el... ;D
Un saúdo, comiqueiros!!

No hay comentarios: